zumba           zumba2

       Zumba

 

  • Descrición da actividade: A zumba é unha mestura de ritmos latinos -salsa, merengue, flamenco ou bachata- e aeróbicos que se converteu na rutina de moda para perder peso, incidindo sobre todo en pernas, glúteos, abdome e brazos. Sen dúbida, unha das actividades con máis éxito no Centro Social!

 

  • Beneficios: Algúns dos beneficios desta actividade son:
    • Permite perder peso rapidamente grazas á súa mestura de ritmos rápidos e lentos combinados con series de exercicios.
    • Mellora a nosa condición física e tonifica a musculatura.
    • É unha actividade moi divertida, onde reina o bo ambiente, o que xera endorfinas.
    • Mellora a coordinación de movementos.
    • Reducimos a tensión e melloramos a nosa autoestima.
    • Incrementa a nosa tolerancia á acumulación do ácido láctico, o que propicia o que sexa máis difícil ter agujetas.

 

  • Material necesario: Roupa y calzado deportivo.