coral ninos2

   coral ninos1

 

 



 

      

    

 

                      Coro para Nenos

 

  • Descrición da actividade: A coral infantil foi creada no ano 2012 e aos poucos vai consolidando o seu número de coralistas. O noso novo coro, para nenos entre 4 e 12 anos, mostraron a súa ilusión e o seu bo facer en varias actuacións desde a súa fundación. Se che gusta cantar, queres divertirche e facer amigos? este é o teu coro!

 

 

  • Beneficios: Os beneficios que produce a pertenza ao coro de nenos son moi similares aos que ofrece a coral de adultos:

 

    • Reforza os lazos de compañeirismo.
    • Reforza a autoestima.
    • Mostra aos máis pequenos a importancia do tradicional, a fin de ofrecer un enfoque complementario ao tecnolóxico onde adoitan desenvolverse.
    • Proporciona  un clima san e con magnífico ambiente.
    • Afianza o sentimento de pertenza a un grupo.
    • Posibilita coñecer outros lugares.

 

 

  • Material necesario: Ningún.