gimnasia mantenimiento2                                            gimnasia mantenimiento

 

      Ximnasia de Mantemento

 

 

  • Descrición da actividade: É o exercicio mínimo que toda persoa debe realizar para manterse sa. Se non realizamos ningunha actividade física aumenta o risco de padecer entre outras doenzas: enfermidades cardiovasculares (infarto), osteoarticulares (artrose, osteoporose), metabólicas (sobrepeso e obesidade). Coa ximnasia de mantemento tratamos de conservar o corpo en forma, en todos os seus aspectos. O obxectivo é manter unha constitución flexible, áxil, potente, cunha educación postural correcta, coñecendo e podendo controlar o traballo realizado polo corpo. Ven a probar unha das actividades con máis éxito no Centro Social!

 

  • Beneficios: A actividade física redúcese coa idade e constitúe un indicador de saúde. A redución do repertorio motor, xunto coa lentitude dos reflexos e o descenso do ton muscular en repouso, entre outros factores, provocan descoordinación e torpeza motriz. A falta de mobilidade e de actividade son o peor agravante do envellecemento e a incapacidade de tal forma que, ao deixar de realizarse, froito do envellecemento, lastra as nosas condicións físicas de forma clara. O exercicio físico ten unha incidencia específica sobre os sistemas que acusan a involución atrasando a mesma de forma considerable, previndo enfermidades e contribuíndo a manter a independencia motora e os seus beneficios sociais, afectivos e económicos. A práctica regular de exercicio físico promove unha serie de adaptacións fisiológicas que contribúen á prevención e tratamento de numerosas enfermidades asociadas ao envellecemento, aumenta a forza, mellora a resistencia cardiorrespiratoria e contribúe a un excelente estado de saúde mental.

 

  • Material necesario: Ruopa y calzado deportivos.