Servizo de asesoría xurídica 

 

Poñemos a disposición de todos os nosos socios un servizo de asesoría xurídica onde, de forma gratuíta, as nosas avogadas atenderán as vosas dúbidas referentes a temas como:

- Estranxeiría (permisos de residencia, autorización de traballo, modificacións, renovacións, reagrupación familiar, nacionalidade...)

- Laboral (despedimentos, falta de pagamento de salarios, accidentes, seguridade social..)

- Familia (separacións, divorcios, pensión de alimentos, patria potestade, testamentos, herdanzas...)

- Comunidade de propietarios (xunta de propietarios, falta de pagamento de cotas, zonas comúns...)

- Alugueres (contratos de arrendamento, falta de pagamento de rendas, desafiuzamentos...)

- Tráfico (accidentes, multas...)

O horario de atención é de 17h a 19h todos os venres. É imprescindible presentar o carné de socio.

Este servizo está patrocinado pola Entidad Constructora Benéfica Sagrada Familia.

 

 

voltar