Colaboración con grupos corais e musicais

 

O Centro Social Sacra Familia colabora con multitude de grupos corais e musicais, así como con moitos grupos de teatro, tanto da nosa cidade como doutras provincias. Dado que consideramos que o mellor enfoque para compartir e gozar de eventos culturais -chegando ao maior número posible de persoas- é o de libre acceso aos mesmos, a política do Centro Social foi, é e será, que todo o que queira asistir poida facelo de forma completamente gratuíta. Por iso, se tes algunha proposta para unha actuación no noso salón de actos, comunícanolo/comuníquenolo.

 

voltar