Mencións e recoñecementos

 

O Centro Social Sacra Familia segue recollendo mencións e recoñecementos. Despois do premio á mellor xestión deportiva de integración social outorgada por Agaxede e do recoñecemento da nosa  coral por parte da Orde de Cabaleiros de María Pita nomeándoa Órgano Oficial, recibimos en 2014 o Cardo de Prata, na súa modalidade de colectivo, outorgado pola Comisión Promotora das Fogueiras de San Juan, por salvagardar as esencias e tradicións da noite de San Juan na nosa cidade. Grazas a todos!

 

 

 

voltar