PILATES3 200px

 pilates2

 

 

    

     Pilates

  • Descrición da actividade: O método Pilates é un método que propón outra forma de realizar o traballo muscular de forza-resistencia, a flexibilidade muscular e articular e o control postural; é un método moi intenso e efectivo, cunha contorna distinta ao afeito: en lugar de realizarse acompañado por unha música movida e xeralmente alta, mentres o instrutor vai gritando as instrucións, utilízase un ambiente de traballo totalmente diferente, un ambiente relaxado que permite a comunicación directa entre o alumno e o instrutor, todo iso cunha música suave e grata ao oído e ao espírito. En definitiva, busca un traballo integral da mente, do corpo e do espírito; é unha educación corporal moi completa na que se traballa o corpo como un todo, desde a musculatura superior ata a inferior, e na que interveñen por igual e en harmonía a mente e o corpo. Definiuse ao método Pilates como o "Ioga Occidental". O enorme éxito que ten esta actividade desde o seu comezo no Centro Social é o mellor aval que podemos ofrecerche!
  • Beneficios: Os beneficios do pilates son numerosos:

 

  •             O corpo faise máis firme e lustroso, adquirindo unha forma mellor.
  •        Poderasche mover con maior facilidade, facer moitas cousas rapidamente, alcanzar moitas destrezas físicas e previr lesións.
  •        Aumento da forza física e mental e da resistencia, o cal fai que sexa unha técnica ideal para os que fan un traballo estresante ou os convalecentes dunha lesión.
  •        A mente convértese na dona do corpo, aumentando deste xeito a confianza en si mesmo e o valor.
  •        Alivio da maioría das dores de costas.
  •        Mellora da flexibilidade muscular e da mobilidade das articulacións.
  •        Fortalecemento do corpo sen converternos nunha mole.
  •       Corrección da coordinación, postura, equilibrio e aliñación do corpo.
  •        Soño plácido.
  •        Mellora do pracer sexual.
  •        Redución da fatiga, o malestar e a dor.

 

  • Material necesario: Roupa deportiva.