sevillanas3                    sevillanas2                       sevillanas

 

      Sevillanas

 

  • Descrición da actividade: As sevillanas son un baile típico de Sevilla, que se cantan e báilanse nas distintas feiras que se celebran, sobre todo, en Andalucía. É o baile folclórico máis popular e máis coñecido en España e pódese diferenciar entre bailes rápidos ou lentos. As sevillanas adóitanse bailar por parella, aínda que non é necesario que a teñas para gozar da actividade connosco.

 

  • Beneficios: Tal e como poden confirmar os nosos socios que practican a actividade, as sevillanas ofrecen múltiples beneficios tanto físicos como psicolóxicos, por exemplo:

 

  •           Bailar facilita a circulación do sangue e o ton da pel. O sistema respiratorio e vascular tamén se benefician desta actividade.
  •       Favorece a drenaxe de líquidos e toxinas, así como a eliminación das graxas.
  •       Moitas das posturas negativas derivadas da vida sedentaria corríxense coa danza. A cabeza e o corpo ergueito e o paso harmonioso melloran a presenza física.
  •       Combate o sobrepeso, a obesidade e os niveis elevados de colesterol.
  •       Fortalece os grupos musculares e mellora a flexibilidade, a forza e a resistencia.
  •       Co baile exercítase a axilidade e a coordinación de movementos, así como o equilibrio.
  •       En idades maduras é recomendable para paliar as dores articulares e a osteoporose e previr o envellecemento.
  •       Corrixe trastornos congxénitos e malas posturas. Como método pedagóxico, permítelles desenvolver o oído musical, o sentido do ritmo, a memoria e a expresión corporal.
  •       O baile é un bo método para superar a soidade e a timidez e establecer novas relacións.
  •       Permite desinhibirse e liberar tensións.
  •       Ao son da música redúcese a tensión, a ansiedade e a depresión, xa que axuda a expresar as emocións e canalizar a adrenalina.
  •       Bailar levanta o ánimo e eleva a autoestima.
  •       Fomenta a confianza nun mesmo e a claridade de pensamento.

 

  •       Material necesario: Consultar á monitora.