Descrición de la actividade: O teatro infantil é unha actividade cada vez máis recoñecida polos seus múltiples beneficios para os nenos. Para facer teatro non é necesario que o neno teña algunha calidade artística ou que teña algún tipo de experiencia. Basta con querer divertirse, inventar e interpretar historias, e facer amigos. A nosa actividade de teatro infantil, a través de xogos e de actividades en grupo ou individuais, é ideal para axudar aos nenos para desenvolver a expresión verbal e corporal, e a estimular a súa capacidade de memoria, e a súa axilidade mental. Tamén serve para os nenos reteñan diálogos e trabalinguas, co que presentará unha melloría na súa dicción.
Beneficios: O teatro ten moitos beneficios para os máis pequenos:
Adquírese autoestima e respecto.
Apréndese a convivir en grupo.
Apréndese a coñecer e controlar as propias emocións.
Foméntase a disciplina e a constancia no traballo.
Posibilita o reforzar as tarefas escolares como lectura e literatura.
Axuda na socialización dos nenos, principalmente aos que teñen máis dificultade para comunicarse.
Mellora a puntualidade e á atención dos nenos.
Mellora a atención dos nenos e convídaos á reflexión, motivando o exercicio do pensamento.